Asociacion de Gaiteiros Galegos

Os Naviza

R/ Anoz 10

31194 Arre (Ezkabarte) - Navarra

Teléfono: 649966283 / 669486952

e-mail: info@osnaviza.com

Web: Http://www.osnaviza.com

 

Os Naviza, como grupo musical, xurde na segunda metade do ano 2011 como unha formación liderada por Manuel Cebeiro, músico e investigador do folklore galego, nunha aposta propia e persoal pola música tradicional.

Manuel Cebeiro, que ven de integrar, e en algúns casos dirixir a moitas agrupacións en Galicia, xunta en Os Naviza, a unha escolma de músicos galegos emigrados en terras navarras, así como a propios músicos navarros con fortes inquedanzas pola rexeneración da música tradicional e da cultura galega. Todos eles, músicos que defenden un proxecto común, baseado nunha gran amizade, aportando propostas sobre o folklore e acadando un xeito fresco de interpretar as melodias galegas e foráneas sen que perdan a sua esencia e a sua maxia.

Deste xeito, cunha aposta decidida por aquelas melodías con arrecendo a verbena e murga dos anos corenta e cincuenta que amenizaron toda Galicia e o Norde da península na procura dos sons máis novidosos, das melodías mellor traballadas, incorporando ó seu repertorio os ritmos foráneos sen importar de onde viñeran, Os Naviza comenzan a espallar a sua música en tódolos eventos festivos, culturais e folklóricos que se lle presentan, sendo capaces de transmitir todo o sabor das orquestinas que algún día fixeron as delicias dos salóns de baile hoxe perdidos na memoria dos nosos maiores.

Así, o grupo que conforma Os Naviza, interpreta unha ampla variedade de pezas, como son os Pasodobres, Jotas, Muiñeiras, Tangos, Mazurcas, Polkas, Rumbas, etc.. con unha variada instrumentación como o acordeón de botóns, saxofón soprano, pínfano, clarinete, tamboril, caixa, bombo con pratos, pandeira, pandeireta ou cunchas.