Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos

Leirabuxo

Avda. Buenos Aires, 25

15310 Teixeiro - A Coruña

Teléfono: 606808271 - 687172344

e-mail: carlos_fandino@yahoo.es

Web: http://www.facebook.com/leirabuxo

Leirabuxo é un proxecto musical que xorde no berce da bisbarra de Melide e arredores xa fai ano e medio e froito dunha xuntanza de catro amigos amantes da músíca tradicional e procedentes xa dun proxecto musical anterior. As inquedanzas destes catro amigos gaiteiros, e como eles din "a verdade é que leiramos ben", fixeron que se xuntaran de novo para facer o que realmente lles gusta, que non é outra cousa que tratar de divertir ao público facendo música tradicional da nosa Galiza con ese instrumento que nace dun pau de buxo, e de aí o seu nome de Leirabuxo.

Nos seus comezos o proxecto musical Leirabuxo estaba composto por Manuel Varela de Toques ao acordeón, Román Varela da Golada ao tamboril, Carlos Varela "Pulgui" de Melide ao bombo e Carlos Fandiño de Teixeiro á gaita, pero posteriormente incorporáronse ao proxecto musical Xose Luis Barreiro de Abellá á gaita e saxo soprano e a fermosa voz de Carla Rey de Boimorto.

Os seis compoñentes do proxecto Leirabuxo forman parte doutros proxectos musicais da bisbarra de Melide e arredores, pero todos eles senten un especial agarimo cara ao proxecto Leirabuxo, sinxelamente pola amizade existente entre eles e pola súa atracción cara a musíca tradicional do noso pais.