Asociacion de Gaiteiros Galegos

Zigue Zague

Rúa Rampa de Sas,3 - 1ºB

32002 Ourense

Teléfono: 676 348 169 / 654 173 524

e-mail: gabelairas@yahoo.es

Web: http://club.telepolis.com/ziguezague/index.htm

Ziguezague é un grupo de música tradicional, criado en Ourense, a finais do 2002. A nosa formación habitual é a de cuarteto, ainda que o número de integrantes pode variar en función do tipo de actuación que vaiamos a realizar, (incorporando outros instrumentos como o acordeón, pandeireta ou ben con cantareiras). Moitos dos membros levamos tocando xuntos moito tempo en diferentes grupos, como son Bate Certo ou o cuarteto da aula de música tradidional Gomes Mouro. Nacemos coa intención de participar en todo tipo de alboradas e festas, sin esquecernos das bodas, bautizos e comunións (BBC).