Asociacion de Gaiteiros Galegos

A. F. Celme

Pontevedra

Teléfono: 986 103 905

Web: http://perso.wanadoo.es/afcelme/

A Agrupación Folclórica CELME foi fundada en 1984 por Enrique Domínguez Lino, natural de Pontevedra e actual Presidente e Director Artístico da Asociación; como consecuencia das inquietudes que mantiña sobre a cultura tradicional galega.

Entre as súas principais intencións está:

- Promover festivais folclóricos cos que poida levar o público en xeral, as súas inquietudes materializadas por todo tipo de bailes e músicas galegas, cos que se contribúe á identificación do pobo coa súa vasta cultura.

- A realización de cursos de danza e música de Galicia, onde dende os máis pequenos aos maiores poidan afondar no crecemento e desenvolvemento de temas tan interesantes e educativos, como os que a Agrupación Folclórica CELME se propón.

- O labor de investigación do folclore galego para tratar de resucitar tradicións, músicas e bailes hoxe esquecidos, así como os costumes, vestiario, apeiros, etc. En xeral, toda aquela parte da etnografía do noso pobo.