A Requinta de Xián
Pazo da Ferreira s/n
15881 Lestedo - Boqueixón (A Coruña)
Teléfono: 646 031 921 / 626 588 381 / 605 785 286
e-mail: xabiercanabal@hotmail.com / pablo.carpin@gmail.com
Web: http://www.unaplauso.com/a-requinta-de-xian_av2796f6.html
"A Requinta de Xián" nace hai tres anos coa firme intención de rescatar todo o material posible sobre a requinta e seus intérpretes nun intento case desesperado de recuperar esta fermosa formación e este instrumento único.
O disco que agora lles ofrecemos non é mais que un pequeno reflexo do froito dunha labra de recuperación dos instrumentos do Ulla, e en particular da requinta, iniciada hai tres anos e que abrangueu a práctica totalidade dos requinteiros vivos. Esperamos poderlles ofrecer pronto, e dun xeito mais extenso e completo, os froitos deste traballo.
O núcleo fundamental deste disco compono parte do repertorio dunha das máis famosas requintas do Ulla: "Os Airiños do Ulla". Naceron no 1930 en Berres (A Estrada) xa coa formación de dúas requintas, dúas gaitas de fol en Si natural, caixa e bombo de tarraxes, e mantivéronse activos ata 1980 cando a morte do seu requinteiro fundador, Manuel Gestoso Varela, deu o traste con ela.
Entre as cantigas que poderán escoitar neste traballo non fallan tampouco pezas recollidas a outras "requintas" e a diversos informantes con diferentes vinculacións ó folclore ullán.