Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Grupos / Pandereteiras/os / Pradairo

Pradairo

C/ Madrid, 20D - 4ºA

15705 Santiago de Compostela - A Coruña

Teléfono: Contratacion: Merlo Branco Producións, 981 807 642 / 615 400 050

e-mail: pepedecalo@yahoo.es

Web: http://www.pradairo.es/

Hoxe en día está cada vez máis de actualidade a fusión de músicas de todo o mundo como medio de enriquecemento artístico, así existen xa proxectos que mesturan música flamenca, africana, folk, actual ou tradicional  con resultados cada vez máis enriquecedores.

Pradairo decide investiga-las posibilidades de facer esta “fusión” creativa sen necesidade de atravesa-las nosas fronteiras, mesturando tódalas vertentes da música tradicional galega dende as pandereteiras ás charangas pasando polos cuartetos de gaitas ou a música coral.

A andaina deste grupo comeza no ano 2006 cando a Asociación de Gandeiros e Agricultores de Calo, no concello de Teo, lles cede o seu local para dar o seu primeiro concerto. Concerto que sería un éxito entre a xente que naquel momento os coñecía.

Meses despóis, estes mozos e mozas procedentes da comarca de Compostela e da do Sar, deciden grabar a súa primeira maqueta nos estudios da Radio Televisión de Galicia da man do técnico de son Toño. Gracias a esta maqueta, abriríanse outras portas.

Con esta maqueta xa na man, e alá por mediados do 2007, deciden presentarse á VIII edición do Certame Folk de Radio Obradoiro, onde acadan o 1º posto. Gracias a este acontecemento graban o seu primeiro recopilatorio titulado "Aliaxe".

Ó ano seguinte, xa no 2008, preséntanse ao Certame Runas 2008 que se celebra no Festival do Mundo Celta de Ortigueira quedando finalistas.

Neste ano 2009, participan no trofeo Loïc Raison, no Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña francesa, quedando finalistas e acadando o 2º posto de entre 14 grupos concursantes.

A día de hoxe, Pradairo segue a traballar a prol da música e da cultura galega. Esperemos ansiosos os seus novos frutos.