Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Grupos / Pandereteiras/os / O Fiadeiro

O Fiadeiro

R/ Xesús Fernández, 3 - Baixo

36205 Vigo - Pontevedra

Teléfono: 629 585 355 / 986 253 585

e-mail: ofiadeiro@ofiadeiro.com

Web: http://www.ofiadeiro.com

O grupo para a recuperación de bailes, músicas e cantares tradicionais.

O Fiadeiro nace no ano 1991, co propósito de compilar, conservar e transmitir o legado cultural dun tempo en que se viviron os «seráns» e as «foliadas», en que había grandes bailadores de solto e de agarrado... o que permanece agora na memoria dos máis vellos. Fóronse sumando a este proxecto moitas persoas interesadas na cultura popular de Galicia ata chegar en 1994 á representación da 1ª Gala "Esta noite hai unha fía" no Auditorio Cidade de Vigo, en que se deu a coñecer o resultado do traballo do grupo na recuperación do folclore galego.

O Fiadeiro consta dunha sección de baile e outra de acompañamento, que por súa vez inclúe un conxunto de pandeireteiras, outro de pandeireteiros e unha charanga.