Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos

A.C. Frouma

Daniel Castelao, 13 - Liáns

15179 Oleiros - A Coruña

Teléfono: 610 386 232 / 670 872 388

e-mail: frouma@frouma.com

Web: http://www.frouma.com/

En xuño do ano 1992, un grupo de xoves gaiteiros do Concello de Oleiros comenza unha serie de reunións para debatir os pros e os contras de crear unha banda de gaitas, xa que perto da Coruña son prácticamente inexistentes este tipo de agrupacións. Fruto destas xuntanzas se inician os primeiros ensaios e en xullo do ano 1993 faise a primeira actuación na XIII Xuntanza Mariñana celebrada en Oleiros.
 
A partir do ano 1995 este grupo adquire personalidade xurídica, e o 26 de marzo apróbanse uns estatutos e o nome oficial Frouma. Dende esta data, Frouma ven ensaiando habitualmente no Teatro Municipal As Torres de Santa Cruz, coa pretensión de formar unha banda de gaitas de calidade na que se continúe a labor iniciada polos distintos grupos folclóricos da Comarca das Mariñas. Ata este momento pasaron por esta banda 70 persoas de diferentes lugares da comarca, como A Coruña, Sada, Betanzos, Culleredo, Cambre, Arteixo e o propio Concello de Oleiros, pertencentes a grupos como Cántigas da Terra, Santaia, Os Rueiriños, O Carcabeiro, Balbordo, etc.

O primeiro director foi Xerardo García García, gaiteiro de San Pedro de Nós que desenrolou unha importante labor de formación en diferentes grupos da Comarca das Mariñas e a quen se lle debe principalmente a formación deste grupo de gaitas. Na actualidade esta agrupación, está composta por 15 membros e o repertorio que interpretan consta de pezas tradicionais e de diversos autores.

Un dos obxectivos desta agrupación é promocionar o desenvolvemento da música de Galicia, para o que se realizan actividades como cursos de solfeo e actuacións en distintos lugares da comarca. Varias das súas interpretacións están recollidas nunha maqueta en formato CD gravada no Nadal de 1997.
FroumaA partir do ano 1995 este grupo adquire personalidade xurídica, e o 26 de marzo apróbanse uns estatutos co nome oficial de Asociación Cultural Frouma. Dende esta data, Frouma ven ensaiando habitualmente  en Santa Cruz, coa pretensión de formar unha banda de gaitas de calidade na que se continúe a labor iniciada polos distintos grupos folclóricos da Comarca das Mariñas. Ata este momento pasaron por esta banda 70 persoas de diferentes lugares da comarca, como A Coruña, Sada, Betanzos, Culleredo, Cambre, Arteixo e o propio Concello de Oleiros, pertencentes a grupos como Cántigas da Terra, Santaia, Os Rueiriños, O Carcabeiro, Balbordo, o Horreo, Troulando, Aloia, etc.
 
O primeiro director foi Xerardo García García, gaiteiro de San Pedro de Nós que desenrolou unha importante labor de formación en diferentes grupos da Comarca das Mariñas e a quen se lle debe principalmente a formación deste grupo de gaitas. Na actualidade esta agrupación, está composta por 18 membros e o repertorio que interpretan consta de pezas tradicionais e de diversos autores.
 
No ano 1997  acada o 2º Premio no concurso de bandas de gaitas Cidade de Betanzos.
 
Un dos obxectivos desta agrupación é promocionar o desenvolvemento da música de Galicia, para o que se realizan actividades como cursos de solfexo, construcción de palletas,  gaita, percusión… e actuacións en distintos lugares da comarca e fora dela, tendo realizados viaxes fora da Galiza, Barcelona, Alcobendas,… Varias das súas interpretacións están recollidas nunha maqueta en formato CD gravada no Nadal de 1997 baixo a dirección do seu primeiro director Xerardo García García.
 
Dende o mes de outubro de 2003,  ábrense os ensaios da agrupación a todos aqueles gaiteiros da comarca que queiran participar nas nosas actividades musicais, con periodicidade mensual.