Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Grupos de Baile / Airiños de Fene

Airiños de Fene

Souto Grande 10 – Barallobre (Fene)

15528 Fene - A Coruña

Teléfono: 981 344 198 / 981 341 986

e-mail: airinosfene@hotmail.com

Web: http://www.airinosfene.es.vg/

A Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” nace no 1987, partindo da idea que o seu fundador, Ramiro Couce tiña de crear unha grande Banda de Gaitas de Ferrolterra. Como esta idea inicial non se chegou a consolidar, centrouse todo o traballo en “xuntar-agrupar” no mesmo grupo a tódolos xoves que estaban aprendendo a toca-la gaita nas Escolas Municipais do Concello de Fene.

 Así pouco a pouco pasouse de ser unha ducia de compoñentes ós máis de 40 que hoxe en día integran a nosa banda, que baixo a dirección de Miguel Doval, están a aprender e espallar o mellor do noso folclore, usando sempre e exclusivamente instrumentos tradicionais.

 Ademáis da Banda de Gaitas, Airiños de Fene conta cun grupo de baile, de cantareiros e de cantareiras, todos dirixidos por Chus Niebla.