Asociacion de Gaiteiros Galegos

No Cómbaro

Rúa Somozas, s/n

15320 As Pontes - A Coruña

Teléfono: 654165 194

e-mail: nocombaro@hotmail.com

Web: http://nocombaro.wordpress.com

O grupo ten a sua orixe o abeiro da Escola Municipal de música tradicional do concello de As Pontes. Foi creado fundamentalmente po la boa relación e amizade persoal duns cantos amigo/as con inquedanzas semellantes e con moita afeción á música feita na nosa terra.

A formación como grupo data aló po lo ano 2003. Isto ocorre despois de moitas xornadas loitando darreo nos ensaios, conquerindo deste xeito un nivel necesario para comezar a sair a tocar ante o público. Dedicándose fundamentalmente as enxebres alboradas e pasarruas.

As metas propostas non son outras que a satisfación que nos produce tocar en calqueira tasca, romaría, foliada ou festexo popular que se tercie, de feito a nosa especialidade é sen lugar a dúbidas a “música de taberna” da cal sentímonos estreitamente identificados.

No ano 2006 tivemos o pribilexio de participar no 6º Festival Internacional de Folclore Cidade de Rio Tinto (Porto) Portugal e tamén de haber representado no mesmo ano o Concello de As Pontes na localidade bretona de Lesneven (Francia).

Estaríamos ledos dabondo sabendo que con esta pequena achega, axudamos dalgún xeito a que a nosa música, feita tamén cos nosos instrumentos, manteña o lugar que lle pertence, o cal foi gañado pasiño a pasiño polos nosos debanceiros, na maioría das veces transmitindo os seus coñecementos de boca en boca e aprendendo unhos de outros, cando os recursos non eran coma os de agora. Grazas a eles conservamos a día de hoxe un amplo e envexable repertorio dentro da nosa cultura musical.

O noso repertorio está vencellado básicamente nos ritmos tradicionais do amplo abano que os vellos gaiteiros nos deixaron o longo de moitas décadas.