Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Solistas e dúos / Isidro Vidal Gallardo

Isidro Vidal Gallardo

O Carballiño

e-mail: isidro_ou@yahoo.es

Web: http://www.myspace.com/isidrovidal

Isidro Vidal Gallardo, nace o 9 de Febreiro de 1986 con raices entre O Carballiño (Ourense) e Ribeira (A Coruña). Estuda Maxisterio Musical na Universidade de Vigo e Gaita no Conservatorio Mayéusis de Vigo. E membro do cuarteto tradicional "Os Pastores de Samil" e do grupo de pop-flautis "Azucar&Ron". Iníciase no mundo da gaita aos 8 anos, sendo alumno de grandes mestres entre os que destacan Antón C. Requeixo, Xohán M.X. Páxaro, Jose M. Mojón, Anxo Lorenzo, Carlos Núñez, e Ernesto Campos. A parte de gaita, adquiríu coñecementos de clarinete, piano, whistle,gaita asturiana e highland pipe. Ten participado en numerosos festivais ao longo da xeografía Galega, Española, así como en Francia, Alemaña, Gran Bretaña. Italia, República Checa, EE.UU., etc... en colaboración con numerosas agrupacións, destacando a participación na Feira Identitaria de Galicia nun concerto de música de cámara acompañado pola pianista Jessica Sánchez (Madrid,2009). Exerceu de mestre de gaita e percusión galega na Escola de Gaitas de Freás (Punxín), de gaita galega no Colexio de Educación Infantil e Primaria de Cenlle (ourense) e exerceu de director da Banda de Gaitas de Cenlle, a primeira banda de formación tradicioanal na provincia de Ourense. Actualmente exerce de mestre de gaita galega na Escola de Gaitas do Carballiño, dende o ano 2001. Foi Finalista do Festival de Eurovisión 2008 (Seleccion Spain), do Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón nos anos 2008 e 2009, e Campeón no III Certamen de Gaiteiros Solistas de Padrón 2010. Participa como interprete e compositor nas grabacións discográficas do "V Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva", e no XVIII e XIX Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón", e no libro-cd "Gaita 2.1 . Música do XXI ao xeito tradicional"