Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos

Anacos de Buxo

VIGO

Teléfono: 986 367 938 (Pedro) / 646 588 304 (Xurxo)

e-mail: anacosdebuxo@yahoo.com

Web: http://usuarios.multimania.es/anacosdebuxo/

ANACOS DE BUXO nace no mes de setembro do 2.002, co fin de cumplir o gusto de catro rapaces ( de entre os 13 e os 16 anos), con ilusión pola música tradicional. O seu fin era presentarse ao " Concurso de cuartetos tradicionais de Ponteareas". Acadou unha moi boa posición, sendo finalistas. Gracias ao seu éxito no primeiro concurso ao que se presentaron, decidiron continuar como grupo e facer diversas actuacións, pronto aparecerían os premios en múltiples concursos. Os compoñentes do grupo teñen un alto nivel de formación musical gracias aos seus estudios no conservatorio e a súa actividade en bandas de gaitas, concretamente na Banda de gaitas Xarabal e diversos grupos de Vigo.