Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Grupos / Folc / Os do Luns

Os do Luns

Asociación Cultural Osdoluns

C/Rio Umia, 20 - 2ºB. A Caeira

Poio - Pontevedra

Teléfono: 675 682 767

e-mail: osdolunsfolk@yahoo.es

Web: http://osdolunsfolk.blogspot.com

O grupo de gaitas OS DO LUNS nace na Boa Vila de Pontevedra coa vocación de difundir a música tradicional da provincia, facendo especial fincapé na técnica do toque pechado que caracterizou aos seus gaiteiros de más sona, coma: Xan de Campañó; os gaiteiros de Soutelo de Montes, con Avelino Cachafeiro á cabeza; e Ricardo Portela, más coñecido como o “Gaiteiro de Viascón”.

A agrupación comeza a súa andaina nos anos 90, baixo a tutela dun sinalado alumno de Ricardo Portela, o gaiteiro Fermín Martínez, de Tenorio, membro fundador de Os Trazantes de Tenorio, de recoñecido prestixio en Galicia e no estranxeiro. El soubo transmitirnos a súa paixón pola música popular, tendo sempre presente as ensinanzas de don Ricardo Portela.

“O pasado non lembra”, esta é a gran desgracia de nosa música e da nosa cultura. OS DO LUNS teñen como fin combater ese esquecemento e morte dunha visión do mundo tan rica e auténtica coma a galega. O noso repertorio procede fundamentalmente da investigación de campo efectuada polo grupo nos arrabaldes e bisbarras de vila, así mesmo nas comarcas e concellos de toda a provincia. As más fermosas melodías –alboradas, muiñeiras, xotas, mazurcas, polcas pasodobres- volven a ser interpretadas con alegría e sentimento, revivíndoas.

A nosa vestimenta remóntase a mediados do século pasado.

Diversifica as súas actuacións en festas populares, xuntanzas de amigos, procesións, festas gastronómicas, inauguracións, seráns, etc.