Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Grupos / Escolas/Estudos de Música e Danza / A. C. Gamelas e Anduriñas

A. C. Gamelas e Anduriñas

Porto de Espasante.

15339 Ortigueira - A Coruña

Teléfono: 676 659 328

e-mail: obardefredi@hotmail.com

Web: http://gamelas.webs.com/

A Asociación Cultural Gamelas e Anduriñas comenzou a dar os seus primeiros pasos da man do mestre da Escola de Párvulos Enrique Penabad, corría o ano 1983. Enrique propuxo comenzar unhas clases extraescolares de baile tradicional que foron moi ben acollidas polos rapaces.

Desta maneira ó ano seguinte, comenzáronse os trámites para dar de alta unha Asociación Cultural que puidese xestionar estas actividades. Decideuse nomear esta Asociación como Gamelas e Anduriñas.
 
Dende o noso nacimento fixemos unha aposta clara pola cultura tradicional galega, así o reflexan os nosos estatutos, e para ésto impartimos dende os nosos inicios clases de baile e música tradicional galega.

Entre os anos 1997 e 2002 aumentamos o número de materias dedicadas ó estudio do folclore galego inaugurando o que serían as primeiras clases de cantareiras no Concello, co grupo que chamamos Troula.

E para mostrar o traballo de todolos invernos vimos facendo ininterrumpidamente durante os meses de verán o Festival Folclórico Gamelas e Anduriñas.