Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Grupos / Charanga / A.C. Lembranzas da Ría

A.C. Lembranzas da Ría

Rúa Eirado do Señal, 10

36940 Cangas - Pontevedra

Teléfono: 687 48 79 97/ 605 09 42 03

e-mail: contacto@lembranzasdaria.com

Web: www.lembranzasdaria.com

A charanga nace a finais do ano 2002 no seo da asociación cultural Lembranzas da Ría, dentro da sección de acompañamento músico-instrumental. Ata ese momento a música corría a cargo do cuarteto tradicional. Nun comezo adícanse só a acompañar á formación de baile, pero co paso do tempo son numerosos as festas e festivais que requiren a súa presencia para tocar. É así como se vai consolidando o cuarteto e, sobre todo, a charanga. O seu repertorio cubre unha hora de actuación.