Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos

Pai da Cana

2ª Travesía A Puntada, 9 - Portosanto (San Salvador)

36163 Poio - Pontevedra

Teléfono: 626 825 442 / 667 924 231

e-mail: paidacana@hotmail.com

Web: http://www.xente.mundo-r.com/paidacana/

Durante o período de actuacións dos seus fundadores, a Asociación Cultural aborda un proxecto máis ambicioso que pretende ir máis alá da interpretación, creando así a súa propia Escola de Música Tradicioal. Son moitos os alumnos que pasaron pola escola da A.C. Pai da Cana nos seus oito anos de traxectoria para adquirir coñecementos de : gaita galega, percusión tradicional, solfexo, así coma outras actividades destinadas á formación de grupos e combos de Música Galega.

A actividade docente está da man de Ósar Ibáñez (Mestre en Educación Musical, Gaiteiro e Flautista de Bico). Óscar Ibáñez ven realizando unha traxectoria como docente no ámbito da música tradicional dende o ano 1993, durante estes anos traballou a reo pola dignificación da gaita galega, a construcción de métodos de estudo para o noso instrumento nacional, a recopilación de partituras de gaita e material fonográfico antiguo, e a reivindicación da nosa música. A Asociación Cultural Pai da Cana ofrece tódolos anos estas actividades dirixidas a todos aqueles que teñan una certa sensibilidade pola música galega, en clases individuáis ou colectivas (grupos reducidos).

Como froito da aprendizase e inquietudes dos alumnos da Escola de Música Tradicional da A.C. Pai da Cana, xurden diferentes formacións de instrmentistas dentro da asociación, ampliando así o abano de posibilidades en canto a variedade se refire, coa finalidade de representar as diferentes formacións musicías máis enxebres e propias da nosa tradición.