Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Grupos / Pandereteiras/os / A Volta do Agro

A Volta do Agro

Rúa Paxariños 32 baixo

LUGO27003

Teléfono: 620 689 754 (David) / 982 222 390 (Marta) / 666 370 815 (Ana)

e-mail: avoltadoagro@hotmail.com

Web: http://www.avoltadoagro.org/

O Obradoiro de Cultura Tradicional Galega "A Volta do Agro" compoñémolo mozos e mozas de diferentes puntos da xeografía galega(Begonte, Muimenta, As Nogais, Lugo ...) unidos pola amizade e a afección ámúsicatradicional. O grupo nace no ano 1995 en Lugo unindo as experiencias individuais de diferente xente que tiñamos xa pasado por outros grupos e que nos decidimos a poñer en marcha un proxecto culturaldiferente cos seguintes obxectivos : - Investigar e recoller bailes, música, traxes e toda manifestación da culturatradicional que nos atopemosfundamentalmente no traballode campo querealizamos por toda a zona decultura galega (Galicia,O Bierzo e AsturiasOccidental), representandoasdespois nasnosas actuacións coa menordesvirtuación posible, ainda quesomos conscientes da desnaturización"que sofren estasmanifestacións ósacalas do seu contexto orixinal e subilasa unescenario. - Conquerir unha formación que unifique ogrupo de gaitas,pandeireteiras ebaile ósque estamos afeitos, pero dun xeitodistinto,cunha personalidade denoso eorixinal. - Facer o noso traballo tanto de recollida como de presentación ópúblico coamáxima calidade da que sexamos capaces, algo que nosparecefundamental para o obxectivo último do grupo : A DIGNIFICACIÓN DA CULTURA TRADICIONAL GALEGA.